| |
|
Mondra anuncia novo
álbum coa publicación de ‘vale máis un canciño’
O tema poderase escoitar ao vivo en Madrid o 20 de marzo, no peche de
xira de ARDĒN.
Mondra anuncia un novo álbum, que verá a luz no mes de maio, coa
publicación de ‘vale máis un canciño’.

O sinxelo, que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais,
é un pícaro pasodobre no que colaboran múltiples instrumentistas e parte
do alumnado das asociacións AC Peis d’Hos (Cangas do Morrazo) e ACF
Tarambainas (Vigo)
O lanzamento acompáñase dunha peza audiovisual tan suxerente como
inocente e divertida producida polo propio Mondra e o estudio
elmembrillo
28 de febreiro de 2025.- O artista, cantareiro e bailador Mondra vén de
anunciar que publicará en maio o seu segundo traballo discográfico. Logo
de gañar o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica polo seu
disco debut, ARDĒN, Mondra anuncia a boa nova coa presentación de vale
máis un canciño, o primeiro avance do que será o seu novo LP, e que xa
está dispoñible desde este venres 28 nas plataformas dixitais.
vale máis un canciño introdúcenos no universo sonoro do novo álbum de
Modra, un traballo conceptual e persoal que produce, integramente, o
Hevi no Laboratorio Soyuz. O tema que se estrea no día de hoxe é unha
peza breve e coral, un pícaro pasodobre no que colaboran múltiples
instrumentistas, tanto nos ventos coma nas percusións, así como parte
do alumnado infantil das asociacións pontevedresas AC Peis d’Hos
(Cangas do Morrazo) e da ACF Tarambainas (Vigo).
Antía, Anxa, Ari, Candela, Carmen, Celia, Clara, Iago, Icía, Laia,
Lucía, Mar, Marina, Naiara, Naima, Nara e Noa son as 17 nenas que
conforman o coro de voces brancas desta canción e que, ademais,
acompañan a Mondra na súa proposta visual (unha produción do propio
artista e do estudio coruñés elmembrillo, e que o cantareiro codirixe
con Adela Otero), tan suxerente como inocente e divertida. A peza xa se
pode ver tamén na canle de VEVO do creador galego.
Mondra
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nombres máis destacados
da escena musical do país. Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte
Music Spain, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica;
mais tamén galardóns, coma o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de
Electrónica 2024, ou candidaturas aos Premios Mestre Mateo polas pezas
audiovisuais que acompañan aos temas Marimondra e Quererse ben,
dirixidos polo propio Mondra.
Tras percorrer case medio cento de escenarios co seu potente directo,
Folía das Ardentes, o vindeiro 20 de marzo pechará en Madrid unha xira
que dará paso, en maio, a unha nova etapa coa que o artista sorprenderá
ao panorama musical polo diálogo que establecerá, tanto en forma coma en
estilo, coa tradición.
Escoita
vale máis un canciño nas plataformas
Publicado el 28 de febrero 2025
Contacto:
info@guaumiauymas.com
|
|